por adriana el 29 abril, 2019

VERÁN EXPERIMENTAL 2019: LABORATORIO DE ARTE E MOVEMENTO
Esto non para!! xa estades preguntando e chamando así que abrimos xa o prazo de inscrición e reserva de prazas da V EDICIÓN de VERÁN EXPERIMENTAL.
Outro ano, e tamén outro desafío co público máis esixente, no vale repetir, xa o sabemos, e con Akira saíanos fume da cabezota pensando como sorprenderos un ano máis, e ….. xa temos o programa termiando, quen o quera pode pedilo e en breve o teremos colgado na web.
VOLVEMOS con Auladeideas en colaboración con Museo Fundación Eugenio Granell lanzamos a V edición de TALLERES DE Verán 2019.
Outro ano deseñando actividades exclusivas e moi pensadas para ofrecer experiencias novas e educativas. E é un pracer facelo, porque gozamos co noso traballo sabendo que o facemos coa materia máis sensible: os nenos e nenas. E facémolo intentando compensar o oco que deixa en coñecementos e expresión a educación formal, tan carente de todo o que teña que ver con xerar creatividade respectando as diferenzas.
O programa coma sempre combina diversas manifestacións da arte. Actividades lúdicas, educativas, que ofrezan aos nenos e nenas unha experiencia novedosa, e ás familias as facilidades da conciliación laboral.
Serán 6 semanas de actividades vanguardistas que incorporan o teatro, a danza, a expresión corporal en interacción coa arte contemporánea, a música, a expresión plástica, as novas tecnoloxías e a creatividade.
NENOS e NENAS DE PRIMEIRO DE INFANTIL A 12 ANOS (Grupos formados por idades)
Comezamos o 24/6 e rematamos o 2 /7.
DE LUNS A VENRES
HORARIOS: dende as 8:30 ás 14:00h
Máis de tres actividades na mañá co seu espazo para o recreo, a merenda e os xogos ao aire libre.
Podes solicitarnos o PROGRAMA COMPLETO, o Cronograma Diario e as Modalidades de Matrícula.
É posible optar a talleres durante unha semana, dous, tres, mes completo,ou días alternativos.
(Redución de matrícula do 10% a partir do segundo irmán.)
As actividades desenvolveranse nas aulas de didáctica e espazos do Museo Fundación Eugenio Granell, pero tamén faremos saídas e actividades nas contornas.
AS PRAZAS SON LIMITADAS.
Para INFORMACIÓN, PRE-INSCRICIÓNS ou se necesitas consultar algunha dúbida podes facelo en:
contacto@auladeideas.com (contestamos e atendemos sempre)
606971859 (pola tarde, ou deixa was)
por adriana el 9 diciembre, 2018

ESTE NADAL E REIS, MONTAMOS FESTA!!!!
26, 27 E 28 DE DECEMBRO
2, 3, 4 DE XANEIRO
CON MÚSICA, CREATIVIDADE, XOGOS, MERENDA E MOITO MÁIS, para cativas e cativos de 4 a 12.
de 10:00h a 14:00h.
No local da Asoc. OLALAB Acción Cultural
RESERVA DE PRAZAS no mail contacto@auladeideas.com.
DISTINTAS OPCIÓNS DE MATRÍCULAS:
NADAL: 55€
REIS: 55€
DÍAS SOLTOS: 22€
OS DOUS MÓDULOS: 90€
por adriana el 25 abril, 2018

VERÁN EXPERIMENTAL 2018: LABORATORIO DE ARTE e MOVeMENTO con AULADEIDEAS
Lanzamos a IV Edición!!!! de VERÁN EXPERIMENTAL de auladeideas na Fundación Eugenio Granell.
Un novo programa deseñado por Auladeideas: Educación e Creatividade, dedicado a Experimentación e Creatividade dende o Arte Contemporáneo.
ABERTO PRAZO DE INSCRIPCIÓN!!
Si queres reservar prazas ou máis inforamción podes escribirnos a contacto@auladeideas.com /606971859
Qué facemos?
Programa de actividades artísticas en relación ás artes plásticas e escénicas.
Descubrindo a arte a través do xogo, a creatividade e a experiencia , xunto a outras disciplinas escénicas, tales como o teatro, a danza e a expresión corporal, enfocado desde propostas en relación coa arte contemporánea.
Unha proposta educativa, lúdica e innovadora de ámbitos de coñecemento adquiridos a través da experimentación e expresión artística.
Traballamos para recuperar a importancia da creatividade e as artes plásticas e escénicas nunha educación integral. Entendemos que educar sen o coñecemento e experimentación da arte é insuficiente para a formación do individuo, e por isto envorcamos todos os nosos coñecementos no traballo educativo e na creación dun Programa de Verán que incida sobre O DESENVOLVEMENTO da CREATIVIDADE e A INTELIXENCIA.
Dirixido a: Nenos e nenas de primeiro de infantil a 12 anos
Do 25/6 al 27/7
De 8:30h a 14:00h
En FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL
Praza do Toural, 0, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña.
DISTINTAS MODALIDADES DE MATRÍCULA. Opción semanal e posibilidade de días alternos.
MÁiS INFORMACIÓN e RESERVA DE PRAZAS: 606971859 o contacto@auladeideas.com
CADA SEMANA ACTIVIDADES VARIAS, SAíDAS A PARQUES e EXCURSIóNS. Pide o programa COMPLETO escribindo a contacto@auladeideas.com.
Programa
Semana I
ELAS TAMÉN PINTAN
Un neno preguntoulle á súa mamá: “Mamá, porque todos os pintores famosos son homes? Iso Imos coñecer 3 mulleres que transformaron o mundo da arte. Mulleres de distintas disciplinas que nos permiten contar a historia doutra maneira. Coñecerémolas a través das súas obras, pensando e xogando con elas.
- MIRA POR ONDE SON MITAD ÁNGEL, MITAD MARISCO!! Xogando con Maruja Mallo…..
- A MULLER ARAÑA E CONTOS DO ESPAZO: Lousie Borgeuse…..
- TELITA CÓMO BAILA! Dinámicas a partir Yayoi Kusama….
Excursións, saídas e recreos durante la semana.
Semana II
QUÉ BEN, QUE BEN, QUE VEN O BIG BANG!
- METORITOS HILVANADOS: Esculturas Neo Futuristas …… plásticas en un viaje de Ciencia Ficción.
- SUPER-ESCULTURA y TRASFORMERS: reflexiones sobre la ecología, escultura, …..GÉNESIS-IMPRO-GÉNESIS, técnica teatral.
- NEBULOSAS CÓSMICAS: Mancha-POWER, y el BIG BANG.
Excursións, saídas e recreos durante la semana.
Semana III
MEGA A TOPE SECRET
- MISIÓN ESPIONAJE EN CÓDIGO MORSE: El punto y la línea, el signo, la comunicación y el espacio…… Dinámicas de juego, compartiendo y creando.
- DETECTIVES NA RÚA, OPERACIÓN URBANA: Arte Urbano, señalética en superficies. Coreografías y recorridos ….
- GRAFIMENSAJES: Juegos Tipográficos … Mensajes ocultos…. El secreto de los …
Excursións, saídas e recreos durante la semana.
Semana IV
ZEN O NO ZEN, es la MENTE la que se mueve.
- EL JARDÍN DE FUKUKOA: Flujo natural y flujo artificial. Orden y equilibrio….
- FENG-SUI-ROOM, o “Pasa pa cama!!! Diseña tu mini-habitación y ……
- EL HILO DEL DESTINO y LEYENDAS DE DRAGÓN: Leyendas japonesas…. y El dragón emperador del mar …RECORRIDO SENSORIAL ….
Excursións, saídas e recreos durante la semana.
Semana V
PIEDRA < PAPEL < Y TIJERA / BARRO < ANIMAL < VEGETAL
- LABORATOIRO DE GERMINACIÓN: HUMANIMALES MINERAVEGATADOS: Una Estrategia Creativa inspirada en …..”
- CAMINOS CON-BARRO: Conoceremos la importancia….. sencillas técnicas de modelado, construyendo a modo ….. nos dé un resultado coral, sumando así las distintas sensibilidades de los niños y niñas que participen de la experiencia.
Excursións, saídas e recreos durante la semana.
Información,
reserva de prazas e contacto
contacto@auladeideas.com
606971859
www.auladeideas.com