Obradoiro: O mundo das marionetas e as marionetas do mundo

por adriana el 21 diciembre, 2012

Obradoiro: “O mundo das marionetas e as marionetas do mundo”
Este obradoiro, deseñado e posto en práctica por Adriana Pazos Ottón, vai de monicreques, de cómo desde a Antigüidade e en todas as culturas se representaron contos e historias coa axuda de monecos manipulados por nós, os que non somos monicreques. Queres saber como se fan, como funcionan, por onde falan …. Este é o teu obradoiro!

Neste taller as nenas e nenos terán a oportunidade de coñecer os diferentes tipos de marionetas que existen, como estas deron a volta ao mundo e pertencen a todas as culturas.


As marionetas utilizáronse sempre para representar historias e contar contos. Percorreron o mundo desde o principio dos tempos e atopámolas en todos os contenientes e culturas. Existen distintos tipos de marionetas. Os romanos utilizaban entre outras moitas as de luva. A Igrexa católica valeuse delas para ensinar a Biblía a quen non sabían ler. Tamén as utilizaron os xograres e acróbatas que representaban polos castelos e mercados de Europa. As marionetas formaron parte da cultura de países como Xapón, China e Indonesia, ás veces con connotacións relixiosas. Eran tamén coñecidas e usadas polas tribos indias de América do Norte, antes de que chegasen os europeos.

Están vinculadas a todas as culturas e podemos atopar a súa tradición en case todos os lugares do mundo, SON UN EXEMPLO DUN MUNDO SEN FRONTEIRAS, DA VIAXE DO SER HUMANO AO LONGO DA HISTORIA, E DE COMO AS CULTURAS ESTÁN EMPARENTADAS POLAS DISTINTAS MIGRACIÓNS DO HOME AO LONGO DOS TEMPOS.

Estes Talleres levarán aos nenos a unha viaxe que lles mostrará os distintos tipos de marionetas que existen e como estas percorreron o mundo tomando diversas formas, pero sempre representando e mesmo papel, transmitir cultura, endulzar a vida, convidarnos ao mundo da maxia e o misterio.

Obradoiro: O mundo das marionetas e as marionetas do mundo
Imparte: Adriana Pazos / www.auladeideas.com
Idades: de 4 a 14 anos. Poden asistir familiares adultos
Datas: 22 decembro de 2012.
Horario: de 11:30 a 13:30 horas.
Prazas: 25.
Inscrición obrigatoria: Departamento de Didáctica, Museo Provincial de Lugo

http://www.museolugo.org/documentos.asp?mat=22&id=1852

Los comentarios están cerrados.

Post anterior:

Siguiente post: