laboratorio de sombras

por adriana el 26 diciembre, 2012

Obradoiro deseñado e dirixido por Adriana Pazos Ottón.

“E lembra que unha mañá ocorreu o descubrimento da sombra. Aquela mañá, el viu o que até entón mirara sen ver: pegada aos seus pés, xacía a sombra, máis longa que o seu corpo.

Camiñou, correu. Onde el ía, fóra onde fóra, a perseguidora sombra ía con el. Quixo sacarlla de encima. Quixo pisala, pateala, golpeala; pero a sombra, máis rápida que as súas pernas e os seus brazos, esquivábao sempre. Quixo saltar sobre ela; pero ela adiantouse. Volvéndose bruscamente, sacoulla de adiante; pero ela reapareceu por detrás. Pegouse contra o tronco dunha árbore, aniñouse contra a parede, meteuse detrás da porta. Onde el perdíase, a sombra atopábao.”

Eduardo Galeano,“As Palabras andantes”

O NENO CONSTRUTOR, O NENO ACTOR, O NENO ESPECTADOR.


O neno enfróntase co Teatro de Sombras desde tres puntos de vista distintos: o de construtor, o de espectador, e o de actor. Nesta actividade non se trata de converter, nin forzar ao neno a representar un personaxe, a ser o artista; senón  a que o neno se exprese mediante unha  gran variedade de linguaxes. O Teatro de Sombras posibilita a expresión total do neno mediante a  linguaxe de luces e sombras, de movemento, expresión corporal, voz, música etc.

É por iso unha ferramenta magnífica para o traballo con nenos, xa que o espectáculo das sombras creadas por eles mesmos,  ao converterse en axentes  do movemento e espectadores do seu propio traballo, envólveos nunha experiencia de acción creativa  que abarca todas as manifestacións do neno: a física, a verbal, a gestual, a plástica, a creativa, a psicomotriz, converténdose  nunha experiencia integradora

Obradoiro: Laboratorio de sombras
Imparte: Adriana Pazos
Idades: de 4 a 14 anos. Poden asistir familiares adultos
Datas: 27 decembro de 2012.
Horario: de 11:30 a 13:30 horas.
Prazas: 25.
Inscrición obrigatoria: Departamento de Didáctica, Museo Provincial de Lugo

http://www.museolugo.org/documentos.asp?mat=22&id=1852

Los comentarios están cerrados.

Post anterior:

Siguiente post: