PROGRAMA DE NADAL E REIS con Maquinarias Teatro en OLALAB Acción Cultural.
Tres módulos de creatividade pura para todo un itinerario artístico de nadal. Para nenos e nenas de 4 a 12 anos.
módulo I // TITIRITANDO: Teatro con obxetos para nenos e nenas.
VENRES 22 e SÁBADO 23 / De 9 a 14h
módulo II // VOLTA AO MUNDO NADALEANDO (danza, coreografías, música, creatividade teatral, contos, atrezzo e vestiario, percorrendo o mundo).
Do MARTES 26 ao SÁBADO 30 / De 9 a 14h
A partir da novela de Xullo Verne deseñáronse 5 actividades, 1 diferente para cada día, que levarán aos nenos e nenas por distintas partes do mundo a través da realización de coreografías, teatralización, danza, xogos, atrezzo, disfraces e actividades plásticas, sobre lendas, contos e costumes dos 5 continentes. O Nadal converterase en toda unha viaxe lúdica e de aprendizaxe, centrada nas vivencias cos demais e a partir de distintas actividades de CREATIVIDADE TEATRAL CON TÉCNICAS E MODOS DE EXPRESIÓN ESCÉNICA E ARTÍSTICA DOS CINCO CONTINENTES.
.
módulo III // PLASTIFILM: FACEMOS UNHA CURTA ¿QUÉN É O PROTA?.
Do MARTES 2 ao VENRES 5 / De 9 a 14h
Un obradoiro para que os nenos e nenas aprendan a técnica de animación STOP MOTION, divertida e sinxela, para así introducilos no mundo do cine en xeral. A través da técnica stop motion aprenderán as nocións básicas para lograr movemento. Este é un dos métodos máis sinxelos de aprender xogando, polo que é unha oportunidade única de facer que os nenos se divirtan mentres aprenden e desenvolven a súa imaxinación. Traballaremos con plastilina a técnica de creación do movemento stop motion utilizando cámara fotográfica e montaxe da curta cun sinxelo programa de edición de vídeo. CREACION E MANIPULACIÓN DE PERSONAXE EN PLASTILINA, CREACIÓN COLECTIVA DE GUIÓN E SET DE RODAXE. MONTAXE E EDICIÓN DA CURTA. PROXECCIÓN DA CURTA.
Consultas chamando ao 606971859 o no mail espacio.olalab@gmail.com
Prazas limitadas!!!! Reserva a túa
Los comentarios están cerrados.