QUE PASA??? Chega Setembro e A SEMANA DA GUASA!! con EMOJI´S WORLD
Auladeideas en colaboración con Olalab Arte crean esta proposta para a primeira semana de setembro. A mellor forma de empezar o curso que con enerxía vitaminas de cretividade e ganas de aprender!!!
Unha boa dose de Enerxía Artística e CREATIVIDADE antes empezar o novo curso.
Vitamina Ludus: teatro e Improvisación
Vitamina Musical: Coreos e mini musicais.
Vitamina Artística: Creacións e Experimentación Plástica
*****receita: creatividade, risas, crear, amigos*****
*****visitas a museos, saídas a parques*****
FECHAS: Do 3 ao 7 de SETEMBRO
HORARIO: DE 9:00h a 14:00h
IDADES: Para nenos e nenas de 5 a 11 anos.
Unha extensión do proxecto VERÁN EXPERIMENTAL desenvolvido en Fundación Eugenio Granell na que combinamos nuevamente as artes plásticas, a arte contemporánea, e as disciplinas escénicas.
RESERVAS e Máis INFO en contacto@auladeideas.com // 606971859
É importante reservar prazas xa que son limitadas.
Nesta ocasión a actividade realizarase no Espazo de arte OLaLab en Rúa Porta dá Pena 10.
PRAZAS LIMITADAS ata completar.
SEMANA DA GUASA con EMOJI´S WORLD
Desde as primeiras manifestacións artísticas nas covas ou os pictogramas exipcios, os humanos expresáronse mediante representacións gráficas, na maioría dos casos para manifestar sentimentos e estados de ánimo. Os emoticonos están presentes na nosa linguaxe cada vez con máis forza. O uso de emoticonos varía segundo a xeografía, a idade, o sexo e clase social, da mesma maneira que sucede cos dialectos ou acentos rexionais.
A experiencia xirará en torno ó mundo dos emoticonos; xogaremos cos emoticonos coñecidos e crearemos uns novos, así como ca simboloxía e os códigos. A travès da impro e do xogo dramático buscaremos situacións para compoñer escenas onde as máscaras sexan as protagonistas.
Plásmaremos nos nosos traballos as emocións que sentimos por medio do uso da cor. Traballaremos diferentes expresión faciais en retratos feitos con apunte rápido. Achegaremonos ao mundo da instalación e a distribución de espacios.
{ No se permiten comentarios }