VERÁN EXPERIMENTAL 2019: LABORATORIO DE ARTE E MOVEMENTO
Esto non para!! xa estades preguntando e chamando así que abrimos xa o prazo de inscrición e reserva de prazas da V EDICIÓN de VERÁN EXPERIMENTAL.
Outro ano, e tamén outro desafío co público máis esixente, no vale repetir, xa o sabemos, e con Akira saíanos fume da cabezota pensando como sorprenderos un ano máis, e ….. xa temos o programa termiando, quen o quera pode pedilo e en breve o teremos colgado na web.
VOLVEMOS con Auladeideas en colaboración con Museo Fundación Eugenio Granell lanzamos a V edición de TALLERES DE Verán 2019.
Outro ano deseñando actividades exclusivas e moi pensadas para ofrecer experiencias novas e educativas. E é un pracer facelo, porque gozamos co noso traballo sabendo que o facemos coa materia máis sensible: os nenos e nenas. E facémolo intentando compensar o oco que deixa en coñecementos e expresión a educación formal, tan carente de todo o que teña que ver con xerar creatividade respectando as diferenzas.
O programa coma sempre combina diversas manifestacións da arte. Actividades lúdicas, educativas, que ofrezan aos nenos e nenas unha experiencia novedosa, e ás familias as facilidades da conciliación laboral.
Serán 6 semanas de actividades vanguardistas que incorporan o teatro, a danza, a expresión corporal en interacción coa arte contemporánea, a música, a expresión plástica, as novas tecnoloxías e a creatividade.
NENOS e NENAS DE PRIMEIRO DE INFANTIL A 12 ANOS (Grupos formados por idades)
Comezamos o 24/6 e rematamos o 2 /7.
DE LUNS A VENRES
HORARIOS: dende as 8:30 ás 14:00h
Máis de tres actividades na mañá co seu espazo para o recreo, a merenda e os xogos ao aire libre.
Podes solicitarnos o PROGRAMA COMPLETO, o Cronograma Diario e as Modalidades de Matrícula.
É posible optar a talleres durante unha semana, dous, tres, mes completo,ou días alternativos.
(Redución de matrícula do 10% a partir do segundo irmán.)
As actividades desenvolveranse nas aulas de didáctica e espazos do Museo Fundación Eugenio Granell, pero tamén faremos saídas e actividades nas contornas.
AS PRAZAS SON LIMITADAS.
Para INFORMACIÓN, PRE-INSCRICIÓNS ou se necesitas consultar algunha dúbida podes facelo en:
contacto@auladeideas.com (contestamos e atendemos sempre)
606971859 (pola tarde, ou deixa was)
{ No se permiten comentarios }